Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Jairo Dorado


Jairo Dorado

Nado en Vigo o 8 de febreiro de 1980. Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. DEA en Tradución e Paratradución, presentando un traballo de investigación tutelado sobre a Ideoloxía nas traducións de Ivo Andrić. Tradutor e intérprete xurado inglés – galego – inglés.

De finais de 2002 ao 2004 residiu en Pécs, Hungria e dende o verán de 2004 vive en Belgrado, Serbia. Como intérprete e tradutor leva traballando 5 anos; as súas linguas de traballo son o inglés, o alemán, o portugués, o húngaro, o serbio e o croata cara o castelán e o galego.

Como tradutor literario ten publicadas dúas obras:

Como se non existise, de S. Drakulić, publicada en Xerais, traducida do croata.

A ponte sobre o Drina, de I. Andrić, publicada en Rinoceronte, traducida do serbio.

Durante o 2008 aparecerán outras tres traducións:

Unha tumba para Boris Davídovich, de D. Kis, en Edicións Positivas e traducida do serbio.

O tradutor cleptómano e outras historias
, de D. Kosztolányi, en Rinoceronte e traducida do húngaro.

Se eu fose maior de É. Janikovszky, en Patas de Peixe editora, traducida do húngaro.