Nestas imaxes apréciase a profundidade dos alicerces do edificio que se constrúe na primeira parcela, e como foron aparecendo, moi por riba, os restos do xacemento galaico-romano. Isto evidencia que a primeira incursión das pas retroescavadoras esbandallou unha parte importante do castro.