 
 
Milleiros de persoas percorreron as rúas da cidade baixo o lema ‘Foro e Liberdade, Navarra non é negociábel’.
Foi ás cinco da tarde cando comezou en Pamplona a manifestación convocada polo Goberno foral en contra dunha suposta negociación do executivo estatal con ETA para incorporar Navarra a Euskadi. O acto contou coa presenza dunha nutrida representación da cúpula do Partido Popular, encabezada por Mariano Rajoy. 
Malia que a vicepresidenta do Goberno estatal, María Teresa Fernández de la Vega, insistiu este sábado en que a comunidade foral “non é negociábel”, o presidente do Goberno foral, Miguel Sanz, sinalou ao final da marcha que “queremos oír claramente que os socialistas navarros non pactarán cos nacionalistas que non representan a nosa comunidade”. Sanz pediu ademais que Navarra sexa unha “liña infranqueábel no proceso de negociación”. 
Segundo a delegación do Goberno, 75.000 persoas asistiron á marcha. A Policía Foral sinalou que foron 103.000.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto