Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo a Subdelegación do Goberno

Todas as hipóteses “están abertas” na investigación sobre a bomba de Nigrán

Delfín Fernández di que aínda é “prematuro” para falar dun móbil xa que hai que “esperar a que a investigación avance”.

Redacción - 18:00 24/03/2007

O subdelegado do Goberno estatal en Pontevedra asegurou que na investigación sobre a bomba colocada en Nigrán e estoupada este venres pola Garda Civil está "todo aberto", no que se refire ao móbil do suceso. Delfín Fernández adiantou a Europa Press que continúan os estudos para determinar a composición do artefacto e que aínda "non hai conclusións", polo que haberá que “esperar aos resultados das análises".

Segundo Fernández, é "prematuro" referirse ás motivacións xa que hai que agardar a que a investigación avance. Ao mesmo tempo amosouse "prudente sobre a autoría" do artefacto explosivo: "Os diferentes feitos que aconteceron en Nigrán foron o que foron e neste momento todo o mundo ve que teñen diferenzas", recoñeceu en relación coa presunta vinculación do suceso cunha trama urbanística.

O subdelegado tampouco sinala de momento unha relación cos ataques a intereses de políticos do BNG nese concello. "Todos somos suficientemente sensatos como para ver que pode haber algún tipo de similitude pero tamén hai moitas diferenzas", asegurou Delfín Fernández.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: