Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A POLÍTICA FORESTAL E DE RESÍDUOS, FORON OS TEMAS TRATADOS POLAS MESAS DE TRABALLO DA SÚA ASEMBLEA.

A FEG, fai balanzo da política forestal

Nesta fin de semana, A Federación Ecoloxista Galega celebrou a súa Asemblea anual, nesta ocasión celebrada en Neda e organizada pola Asociación Neboa. Ademais da presentación e aprobación dos informes anuais e decisións de orde interno, analizouse a situacións actual do Medio Ambiente en Galiza, e concretamente a política forestal e de residuos, debatidas en sendas mesas de traballos. Pasamos a informar das conclusións da mesa de política forestal.

Federación Ecoloxista Galega - 11:55 04/04/2007
carballo

carballo

Despois dunha exposición da situación actual da Política forestal dende un punto de vista ambiental, a mesa sacou as seguintes conclusións:

Un fomento claro das especies autóctonas, en xeral e particularmente nos fondos de vals zonas fundamentais coma bosques protectores das augas, do solo e da nosa diversidade, e funcionando coma cortalumes naturais dos incendios que desgraciadamente seguimos a sufrir. Reiniciar, a través da Administración e cos propios medios, a mellora destas especies e sexan máis atractivas para mercados de maior calidade e que economicamente se lle saque máis partido.

Un novo plan forestal: O que temos é o nefasto de 1992, percibimos que non se ten intención cambialo. un plan que se dirixa claramente por un monte de calidade, que favoreza a diversidade forestal, sen favorecer ás especies de crecemento rápido. Un plan forestal que favoreza a mellora da produción das especies autóctonas, e deixar de investigar a mellora produtiva das especies de baixa calidade.

Política de axudas e subvencións: Que estas prioricen claramente as especies de Calidade, e concretamente as nosas especies forestais, entendendo que as de crecemento rápido se finanzan por si solas. Non a plantación ou mantemento de plantacións de eucaliptos, pois quitaría recursos aos montes dedicados a outras especies, e menor apoio ao actual aos piñeiros.

Ordenación do eucalipto: Que se aplique a lexislación actual sobre esta especie, e non que non prexudique o cultivos doutras especies. A dependencia dunha sola especie, como está acontecendo en moitas das nosas comarcas, sobre todo das costeiras, está demostrado historicamente, é ruinoso a medio ou longo prazo.

Educación ambiental e formación Forestal
. Parte fundamental para unha mellora clara do sector forestal e forma de combater os graves problemas do monte en Galiza. Formación para erradicar formas de traballo que a día de hoxe están a infravalorar o nosos montes, e que ademais o pon en serio perigo. Educación para concienciar á poboación, sobre os valores, non son os económicos, senón tamén sobre os valores ambientais, sociais e culturais que ten o monte.

Consello Forestal: Fomentar este órgano consultivo, a día de hoxe situado en un segundo plano, desvalorado e marxinado pola Administración, como lugar de debate e discusión das políticas forestais en Galiza. Coincidimos coa Consellería de Medio Rural que se ten que realizar un cambio na súa composición, pero isto non pode servir de escusa para deixalo de lado, en prol da Mesa da Madeira e outros foron adscritos a esta mesma Consellería.


3,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: