Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Touriño avanzou a proposta nun mitin do PSdeG

A Xunta deixa para a volta das municipais a proposta de alternativa para a ponte de Rande

O presidente non aclarou cal será a solución definitiva, pero indicou tres posibilidades: outro carril, unha vía superior ou outra ponte.

Redacción - 09:00 12/04/2007

Durante un acto electoral en Vigo con membros de colectivos sociais da cidade e a pé do candidato socialista á alcaldía, Abel Caballero, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, aproveitou para avanzar unha das novidades para a zona nas que traballa a Consellaría de Política Territorial. Asegurou Touriño que o executivo prepara unha solución á actual saturación da entrada a Vigo pola autoestrada vía Rande.

Para afrouxar o colapso circulatorio que se produce ás portas da cidade, os técnicos da consellaría avalían tres posibilidades: a construción dunha nova ponte, o despregue dunha nova vía por riba da xa existente, ou a ampliación dos carrís actuais da ponte. A opción dunha nova ponte podería ser finalmente descartada debido ao impacto ambiental sobre a ría. Con todo, Touriño insinuou que a idea final está avanzada e asegurou que non se fará pública até despois das eleccións "para que non se nos poida acusar de electoralismo".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: