 
 
Anxo Louzao criticou a actitude dos demais sindicatos por teren aceptado un acordo para o ensino público que rexeitan nos centros concertados.
 
											Anxo Louzao
CIG-Ensino fará unha consulta entre o profesorado para coñecer a súa opinión sobre como debe ser a xornada lectiva en xuño e en setembro. O secretario nacional do sindicato, Anxo Louzao, anunciou que esta medida servirá para demostrar cal é a preferencia dos ensinantes, que teñen a última palabra. Segundo el, confirmarán a postura que xa manifestaron secundando maioritariamente a folga do pasado día 3 contra a ampliación do horario escolar. 
  Louzao valorou a xornada de paro como altamente positiva e dixo que tivera un seguimento maioritario, a pesar de que se trasladara unha información “terxiversada” á opinión pública sobre a porcentaxe de participación. 
  Tamén criticou a actitude dos sindicatos que pactaron coa Administración e que secundarán o mércores xunto a CIG a folga no ensino concertado. Segundo Anxo Louzao, non é comprensíbel que un mesmo texto sexa válido para o sector público e non para o privado concertado.   
  Ademais, o responsábel do sindicato anunciou que os delegados de ensino participarán nunha concentración diante da Consellería de Educación o vindeiro mércores 16 ás once e media da mañá. Segundo as súas palabras, a Xunta aínda non respostou á súa petición de manter unha xuntanza.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto