 
O modelo de goberno para a lista máis votada tampouco lle valeu ao PPdeG para este concello do Condado, onde alternará mandato coa antiga escisión.
Afirmou Salvador González Solla, candidato do PPdeG en Ponteareas, que o seu partido e a Unión de Condado Paradanta, UCPA, liderada por Nava Castro, están "condenadas a entenderse", especulando mesmo cun próximo reingreso dos membros desa formación nas filas populares.  
  
  De momento, os dous grupos anunciaron a sinatura dun pacto para un "goberno estábel" que se formalizará no reparto de dous anos de alcaldía para cada un deles. "Os veciños de Ponteareas optaron maioritariamente polo centro-dereita", subliña Solla.   
  
  En Ponteareas, o BNG foi a forza máis votada, con 6 concelleiros. Os mesmos, aínda que con 280 votos menos, conseguiu o PPdeG. Atrás, a UCPA quedou con 5 representantes e o PSdeG conseguiu 4 asentos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto