 
 
Foi a petición da voceira de Nafarroa Bai no Congreso. Uxue Barkos solicitoulle a Rodríguez Zapatero que eluda as presións e asuma a "vontade de cambio" para Navarra.
A deputada navarra valorou que o PP, coa súa marca UPN, perdeu espazo político nas recentes eleccións autonómicas por "xogar con Navarra" e "usar até a saciedade o seu nome". No mesmo sentido dixo que o PSOE pasara a terceira forza debido á súa "inacción".   
  
  Destacando que Nafarroa-Bai pasase a ser segunda forza en votos, asegurou no Congreso que a súa formación actuará con "responsabilidade". Na súa opinión, se o PSOE quere responder tamén cunha actuación responsábel debera atender á colaboración co seu grupo. Foi así como recuperou o convite ao pacto entre os dous partidos en Navarra. "Estamos a tempo de responderlles aos cidadáns", propuxo.   
  
  Uxue Barkos solicitoulle ao goberno español e ao PSOE que non colaboren coas "mentiras" e coas estratexias da oposición para a que "todo vale", reprochándolle ao PP que diga que pactar con Nafarroa-Bai e abrirlle as portas á ETA. Foi así que afirmou que o seu grupo non dubidará en "combater a mentira" e criticou a "inacción prolongada" fronte a eses discursos como "caldo de cultivo para seguir con esta crispación".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto