Comezou a rolda francesa coa saída do corredor italiano Enrico Degano. O último en percorrer os 7,9 quilómetros pola cidade de Londres é o galego.
Co 11 no peito e con Galiza no corazón, o vixente campión do Tour de Francia, Oscar Pereiro, arranca ás 19.08 horas nesta edición da rolda francesa.
Malia ser o gañador da de 2006, case ningún medio de comunicación nacional e ningún internacional dá un peso polo de Mos.
Porén, de seguro que Pereiro ten ganas de pechar algunhas bocas e subir ao máis alto do podio nos Campos Elíseos de París o vindeiro 29 de xullo.
Poden seguir a etapa minuto a minuto na web oficial do Tour de Francia.