Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Espera tamén compromisos coa Cidade da Cultura

Touriño agarda que os cambios no goberno español se deixen notar no proceso de transferencias

O presidente da Xunta destacou especialmente a chegada de Elena Salgado ao ministerio de Administracións Públicas, avaliando a potencial receptividade para as reivindicacións galegas pendentes.

Redacción - 09:45 08/07/2007
O socialista Pérez Touriño, nun mitin

O socialista Pérez Touriño, nun mitin

"Estou seguro de que imos poder colaborar activamente coa compañeira e amiga Elena Salgado para ter esas competencias que necesitamos", comentou Emilio Pérez Touriño durante a súa intervención na festa dos socialistas na vila mariñeira de Camariñas.  

Touriño referiuse en concreto ao traspaso de competencias no dominio público marítimo terrestre e comentou a necesidade de que a Xunta asuma máis responsabilidades no control da costa para "facela máis próxima" á xestión do Goberno. "É un ministerio moi importante para Galiza", analizou Touriño, destacando que a relevancia aumenta despois do fracaso do Estatuto "que o PP impediu".


O secretario xeral do PSdeG e presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, saudou este sábado o "novo pulo" á acción do goberno español propiciado pola remodelación de José Luis Rodríguez Zapatero e confiou en que a orixe galega á fronte de dous dos catro ministerios renovados facilite algunhas das aspiracións de Galiza, tal como a transferencia da protección da costa e o "apoio decidido" do Estado á Cidade da Cultura.

Na súa intervención na Festa dos Socialistas de Camariñas (Terra de Soneira), Touriño considerou que os cambios anunciados o venres por Zapatero nos ministerios de Administracións Públicas, Cultura, Sanidade e Vivenda permitirán "culminar con éxito" unha lexislatura que, a oito meses de concluír, cualificou de "impresionante". "Se botamos a vista atrás, habería que pensar en Felipe González para atopar un Goberno que fixese tanto", declarou.

"Por que non dicilo? Estamos contentos de que no goberno español haxa tres galegos como la copa de un pino", resaltou. O presidente da Xunta definiu a ourensá Elena Salgado, que cambia a carteira de Sanidade pola de Administracións Públicas; ao coruñés César Antonio Molina, que asume Cultura; e á viguesa Elena Espinosa, que mantén Pesca; como "magnífica xente que están aí para traballar por España e por Galiza".

Non ao voto emigrante nas municipais
Por outra banda, o presidente do Goberno afirmou nunha entrevista concedida ao xornal coruñés La Voz de Galicia que "a día de hoxe non ten senso que voten os emigrantes nas municipais". Ademais, sinalou que "se nos apretamos os machos, o AVE é posíbel para 2012".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: