Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Penúltimo tramo da autoestrada Ourense-Santiago

O treito Dozón-Cea ábrese sen peaxe este outono

Avanzouno esta fin de semana o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen de visita na Feira do Polbo do Carballiño tamén prometeu importantes talladas investidoras para a provincia ourensá a través do Plan de Reequilibrio Territorial.

Redacción - 09:30 13/08/2007

Non será até o próximo verán cando se complete definitivamente a autoestrada Santiago-Ourense. Naquela altura está prevista a inauguración ao completo do treito Cea-Ourense, que completará a vía. Antes, este próximo outono, vaise abrir o traxecto Dozón-Cea. Segundo explicou este domingo no Carballiño o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o traxecto estará libre de peaxe nese treito.

Ao fío, o PPdeG propuxera que a peaxe estabelecida até o de agora no treito Santiago-Lalín, o máis caro de Galiza, se repartise entre todo o traxecto Santiago-Ourense, proposta que en principio foi rexeitada pola Xunta, reprochándolle aos populares a concesión que no seu momento realizaron desta vía.

Por outra parte, durante a súa visita ao Carballiño, Emilio Pérez Touriño recordou que a provincia de Ourense recibirá unha forte inxección económica a través do chamado Plan de Reequilibrio Territorial. A quinta parte do investimento que este plan prevé para todo o país, 721 millóns de euros dun total de 3600 millóns entre 2007 e 2010, estaría destinado a potenciar o desenvolvemento dos núcleos territoriais da provincia, empregando como núcleos dinamizadores, entre outros, concellos coma O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia ou Verín.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: