A tripulación galega participaba na Bandeira de La Concha, unha das regatas máis prestixiosas do Cantábrico que gañaron os de Orio.
Os de Orio foron os máis rápidos nas dúas probas, celebradas esta fin de semana en Donosti, tras sete anos seguidos sen gañar, despois das 30 vitorias que xa tiñan gardadas para a historia.
Mais os que volveron facer historia foron os tripulantes da embarcación da SD Tirán que, despois de se proclamar campioa da Liga Galega de Traíñas, a finais do mes pasado, quedou entre sétima nesta proba, unha das de máis sona celebradas no Cantábrico. Por detrás dos de Moaña ficou só a embarcación Donostia Arraun, a un minuto xusto dos guipuscoanos gañadores, de Orio.