Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: sd-tiran

20/Outubro/2007 /

Os da SD Tirán reciben a Bandeira Xunta de Galicia

Ánxela Bugallo entregoulle aos remeiros de Moaña un pedazo de tea de gran significado, ao tempo que lembraba que as traíñas "conxugan á perfección cultura e deporte".


17/Setembro/2007 /

Os de Tirán van loitar polo ascenso, mentres os de Meira quedaron a nada de o lograr

Na fin de semana remaban polo ascenso á liga ACT, a primeira das augas do norte, en dúas probas en Bermeu que gañaron os de Moaña.


10/Setembro/2007 /

Os de Tirán quedan sétimos nas augas do Cantábrico

A tripulación galega participaba na Bandeira de La Concha, unha das regatas máis prestixiosas do Cantábrico que gañaron os de Orio.


4/Agosto/2007 /

Dous días pelexando pola bandeira de Teresa Herrera

Chega unha das míticas competicións na tempada de traíñas, aquela que nun tempo era a competición do millón e que agora pode decidir a táboa clasificatoria que chegue ás últimas semanas da Liga.


26/Xullo/2007 /

Os remeiros do Samertolameu, novos campións galegos

Os de Meira quedaron primeiros, seguidos dos seus veciños de Moaña, os da SD Tirán. Despois chegaron os Mecos. As tres tripulacións van loitar polo primeiro posto dos Campionatos Estatais.


23/Xullo/2007 /

Samertolameu vence aos da SD Tirán na última quenda

Os de Meira, que agora van a cinco puntos dos de Moaña, lograron terminar coas seis vitorias seguidas do Tirán. A sétima e a oitava bandeira foron para eles.


20/Xullo/2007 /

Continúa a Liga Galega de traíñas cos de Tirán invencíbeis polo de agora

A tripulación Moañesa leva seis vitorias en seis regatas, e vai marcando o ritmo na liga nacional. Os seus perseguidores, os veciños do S.D. Samertolameu andan a cinco puntos e na procura dunha vitoria.