Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
AMPLIACIÓN DO ORZAMENTO PARA ESTE ANO

O Concello da Coruña gastará 140.000 euros en dous audis

Os novos vehículos serán empregados polos concelleiros do goberno local.

M.V. - 14:30 12/09/2007
O alcalde Javier Losada, do PSdG

O alcalde Javier Losada, do PSdG

O Pleno do Concello da Coruña aprobou esta semana unha ampliación de 23 millóns de euros do seu orzamento para este ano. Entre os novos gastos figura a adquisición de dous automóbiles de gama alta para o uso dos concelleiros do equipo de goberno, controlado por PsdG e BNG.

A oposición fala de gasto excesivo
Trátase -segundo confirmaron fontes municipais- de dous Audis, por un valor de 70.000 euros cada un.

Dende a oposición do Partido Popular indícase que se trata dun gasto excesivo. Iso si, os populares admiten que os novos vehículos substituirán a outros dous do parque municipal, que se 'xubilararán' por teren máis de 14 anos.

Os coches da flota pública coruñesa son usados por todos os concelleiros, entre eles os do PP. Así e todo, os novos audis estarán destinados ao equipo do goberno, segundo recoñeceron dende o Concello herculino.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: