Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PACTOS

Terra Galega e PPdeG pechan un acordo de goberno en Narón

As dúas formacións suman 15 dos 21 concelleiros que ten a corporación.

Redacción - 12:21 05/10/2007
O alcalde de Narón, Xoán Gato, o 25 de xullo

O alcalde de Narón, Xoán Gato, o 25 de xullo

Logo de semanas de reunións maratonianas, Terra Galega (TG) e o PPdeG de Narón asinaron un acordo de goberno para o municipio de Narón. Os cinco concelleiros populares van apuntalar a maioría simple (10 concelleiros) que lograra o histórico alcalde Xoán Gato. BNG e PSdeG quedan na oposición con tres edís cada un.

A líder dos populares, Ánxeles Díaz, e o rexedor teñen previsto dar este mesmo venres unha conferencia de prensa para explicar as condicións do acordo e o reparto de áreas no executivo.

O municipio de Narón, con case 36.000 habitantes, é o noveno máis poboado do país. Xoán Gato é alcalde dende 1985, cando militaba no PSG-EG. Posteriormente formou parte de Unidade Galega, organización que abandonou por estar en contra da integración no BNG. Logo de gobernar baixo as siglas de Unidade por Narón, entrou a formar parte do proxecto de Terra Galega.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: