Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A LOITA POR UN PLANETA SUSTENTÁBEL

Al Gore e o grupo da ONU sobre o Cambio Climático gañan o Nobel da Paz

A academia sueca destaca o seu esforzo para difundir as consecuencias do quentamento global.

Redacción /EP - 12:50 12/10/2007

O que fora vicepresidente do EUA Al Gore e o Grupo Intergubernamental de expertos sobre o Cambio Climático da ONU (IPCC) conseguiron este venres o Premio Nóbel da Paz. Os organizadores do galardón recoñecen así os traballos para contrarrestar o grave problema que sofre o planeta.

O ex vicepresidente da administración Clinton converteuse nunha icona da loita contra o cambio climático logo de protagonizar o filme “Unha verdade incómoda”, no que se repasan as causas deste fenómeno e as consecuencias que pode ter para o planeta e coa conseguiu un Oscar en 2006.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: