Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
George Bush, o segundo

Al Gore, o ex alumno 'máis influínte' de Harvard

A revista '02138', que edita a prestixiosa universidade estadounidense, publica por segundo ano a lista dos seus discípulos máis avantaxados.

Redacción - 09:30 09/09/2007

A 02138, a revista bimensual da Universidade de Harvard, publica no seu último número a lista dos seus cen 'máis influíntes' ex alumnos por segundo ano consecutivo.

O ex vicepresidente dos EUA Al Gore lidera a clasificación, seguido por George Bush (graduado na Escola de Negocios de Harvard, malia estudar en Yale) que repite no segundo posto.

Gore, distinguido polos seus esforzos na loita contra o quecemento global do planeta, desbanca do primeiro posto a Bill Gates, primeiro na lista do ano pasado pola súa recente actividade benéfica, que cae á sexta posición.

Outros alumnos destacados por 02138 (código postal da Universidade de Harvard) son o candidato a liderar o Partido Demócrata na vindeiras eleccións presidenciais, Barak Obama, que ocupa o quinto lugar, e o actual presidente de México, Felipe Calderón, o décimo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: