Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
PRECAMPAÑA

Eusko Alkartasuna presiona ao PNV para concorrer xuntos ás vindeiras eleccións

O seu secretario xeral, Unai Ziarreta, defende a necesidade dun “gran bloque” para superar o marco político actual.

Redacción - 12:55 27/11/2007
Unai Ziarreta, secretario xeral de EA

Unai Ziarreta, secretario xeral de EA

Chegou a hora da unidade. Esta é a mensaxe que lanzou este martes o secretario xeral de EA, Unai Ziarreta, nunha entrevista en Radio Euskadi. O dirixente nacionalista di que é precisa unha coalición co PNV para afrontar con éxito as eleccións xerais. Ziarreta lembrou que nos vindeiros anos “hai que dar unha sensación de forza e unidade de que aquí hai un pobo que quere superar a situación actual”. O dirixente de EA negou que este chamamento teña que ver coa posibilidade de perder a representación parlamentaria en Madrid.

Con respecto a se tiña preferencias por Zapatero ou Rajoy, Ziarreta explicou que “ten a súa importancia quen gane” de cara á política do Estado en Euskadi. Porén, matizou que nestes catro anos de goberno socialista non houbo “grandes cambios” en relación co conflito vasco. Mais considera que “se o PP chega ao goberno, van vir mal dadas para os vascos”.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: