Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Din que "vulnera" a autonomía municipal

A Fegamp non quere obriga de investimentos mínimos en servizos sociais

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias critica que o anteproxecto da Lei de Servizos Sociais fixe criterios nese sentido.

Redacción - 09:00 16/01/2008

"Estaríase a cometer unha grave inxerencia na autonomía municipal, por canto sen consultar aos concellos sobre a cantidade necesaria, desde outra institución estanse a determinar os orzamentos municipais, cando deben ser elaborados en liberdade polos propios municipios, fixando as prioridades que a cada un deles lle parezan máis oportunas". Deste xeito analizaba o presidente da Fegamp, Carlos Fernández, a indicación que o anteproxecto recolle ao respecto do financiamento dos servizos sociais.

Así, e segundo o texto presentado este martes, os concellos deberán destinar a este apartado unhas porcentaxes mínimas, en relación a criterios de poboación e de asociación. No caso dos municipios de máis 20 mil habitantes sería do 7% dos presupostos anuais, e nos de menos o 4% se deciden asociarse, e o 6% se non o fan. Fernández recordou que "na lei do 93" xa se estabeleceran porcentaxes deste tipo sen consultar cos municipios. "Despois da sinatura do Pacto Local considerábamos esta etapa", queixouse. "Esperamos que esta cuestión será corrixida de inmediato", pediu.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: