Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROTESTA EN PULEVA

A Subdelegación do Goberno abrirá expedientes sancionadores polo asalto

Jesús Otero revelou que a policía e a xerencia da empresa están realizando investigacións para identificar as persoas que entraron na planta.

Redacción / EP - 17:28 07/03/2008

O subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, anunciou a apertura de expedientes sancionadores aos gandeiros que participaron no asalto á nave láctea de Puleva en Nadela. Otero aclarou que a concentración estaba autorizada, e garantiu que en calquera caso "seguirase o procedemento que está estabelecido, valoraranse os danos e tramitarase o correspondente expediente sancionador".

En canto á identificación dos autores, Jesús Otero revelou que a Policía está facendo as investigacións "oportunas" e entre este corpo de seguridade e a xerencia da empresa "estabelecerán perfectamente as responsabilidades que se determinen". O subdelegado do Goberno recoñeceu que a concentración superou as "expectativas previstas".


2/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: