Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Medio Ambiente expedientará a fábrica

Máis dunha semana desde que aparecen as primeiras manchas até que comeza a limpeza

A Xunta asegura que haberá sanción para a factoría padronesa que emporcou o Ulla. Mentres, técnicos de Medio Ambiente e Pesca traballan para frear os vertidos de fuel.

Redacción - 09:00 28/04/2008
O Ulla ao seu paso por Pontecesures / Flickr: tracX

O Ulla ao seu paso por Pontecesures / Flickr: tracX

Técnicos das consellarías de Medio Ambiente e Pesca, e da propia empresa, traballaban aínda este domingo para frear os vertidos de fuel que enchouparon as ribeiras do Ulla. Os traballos de limpeza do Ulla comezaron durante a tarde do sábado. Pequenas manchas apareceran hai días, malia que presuntamente non se produciu un fluxo continuo até esta mesma fin de semana.

Segundo Medio Ambiente, esta mesma semana inícianse os trámites para abrirlle expediente á fábrica situada en Padrón e causante da vertedura accidental de fuel ao río Ulla, debido a unha fenda nos seus tanques de osixenación. Responsábeis da mesma consellaría indicaron este domingo que o fuel comezou a escapar cando unha canalización que pasa por debaixo dos tanques de osixenación rompeu e filtrou o fuel dos depósitos ao río, xerando unha mancha duns dous quilómetros de extensión.


4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: