Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: fuel

13/Novembro/2009 /

E se hai outro Prestige?

Mentres os colectivos ecoloxistas denuncian desidia por parte das administracións, as tres forzas políticas acúsanse entre si e lamentan que Galiza estea hoxe igual de indefensa.


3/Marzo/2009 /

O fuel do Prestige segue contaminando baixo a area das praias

Un informe elaborado por unha profesora da Universidade de Vigo e publicado nunha prestixiosa revista demostra que o fuel continúa enterrado a varios metros de profundidade.


9/Setembro/2008 /

Afúndese unha embarcación cargada de fuel ante o porto de Tarragona

A gabarra transportaba 350 toneladas de fuel, 260 de gasóleo e tres mil litros de combustible e obrigou a activar a alerta do plan por contaminación das augas mariñas.


30/Abril/2008 /

ADEGA pide a demisión do Concelleiro de medio Ambiente de Ourense

 Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) despois dos lamentabeis sucesos de vertido dos derivados dos hidrocarburos ao río Miño procedentes dos depósitos da empresa ADIF, esixe a demisión do concelleiro responsábel de Medio Ambiente ante a evidencia de que era coñecedor, por ter sido avisado pola Policía Local, do importante e perigoso vertido de gasóleo á rede pública de sumidoiros desde a tarde do sábado, 26 de abril, e non comunicou nada aos servizos técnicos da empresa Aquagest, dando por boa a versión ofrecida na roda de prensa da mañá do luns, 28 de abril, de que se detectou a vertedura "casualmente" por parte do persoal que atende os servizos da depuradora de Reza esa mesma mañá. 


30/Abril/2008 /

O fuel da Adif chegou ao Miño

A depuradora duplica o seu ritmo de procesamento para facerlle fronte ao escape de gasóleo, ao tempo que recoñece que o vertido se detectou hai cinco días.


28/Abril/2008 /

Máis dunha semana desde que aparecen as primeiras manchas até que comeza a limpeza

A Xunta asegura que haberá sanción para a factoría padronesa que emporcou o Ulla. Mentres, técnicos de Medio Ambiente e Pesca traballan para frear os vertidos de fuel.


Río Ulla, Pontecesures
27/Abril/2008 /

O Ulla énchese de fuel tras a rotura dun deposito nunha fábrica de Padrón

Os veciños critican a "improvisación" de Medio Ambiente e afirman que dende hai unha semana xa se vían pequenos restos de chapapote.


19/Setembro/2007 /

Lobeira teme que o goberno estatal estea a minimizar o perigo do Prestige

O parlamentario nacionalista solicitaralle ao goberno español o informe de prospección do petroleiro.


16/Xullo/2007 /

Este luns comezará a extracción de fuel dos tanques do buque accidentado en Eivissa

Durante o domingo o fuel chegou ao Parque Natural Ses Salines.


15/Xullo/2007 /

O fuel chega en Eivissa ao Parque Natural Ses Salines

Pouco despois de que Fomento asegurase que a situación estaba controlada, confírmase que a contaminación pasou as barreiras e entrou na zona protexida.


23/Marzo/2007 /

Meses despois de confirmárense as fugas o goberno español autoriza revisar o Prestige

O Consello de Ministros aproba este venres que Repsol inspeccione os novos buratos. En todo caso, non será até xuño cando comecen os traballos.