Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Malia haber eleccións no mandato 1999-2003

López Orozco: "Os pedáneos elíxoos eu"

"Aínda que sexa un acordo maioritario, a lei concédelle ao alcalde esa potestade e eu non vou declinar dela", di o rexedor lucense.

Redacción - 14:35 06/05/2008

O alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, confirmou que será el quen elixa os pedáneos porque é unha potestade que "a lei lle concede ao alcalde e eu non vou declinar dela". Foi durante o debate plenario deste luns, que durou máis de cinco horas, coas protestas de fondo dun cento de policías locais diante da casa consistorial.

O Pleno municipal aprobara en novembro unha proposta de BNG e de PPdeG para que antes deste mes de xuño tivesen lugar eleccións e que os representantes das parroquias rurais fosen elixidos democraticamente, tal e como ocorreu no mandato 1999-2003, cando o PSdeG gobernaba en coalición cos nacionalistas.

"Aínda que sexa un acordo maioritario non me sinto obrigado a cumprilo", afirmara Orozco daquelas, e emprazou aos dúas forzas da oposición a recorrer nos tribunais para solucionar "este conflito administrativo". Porén, o voceiro municipal do BNG, Xosé Anxo Lage, xa anunciou que os nacionalistas non van acudir aos tribunais para dirimir sobre unha cuestión "propia da democracia"..

Normas do Hábitat: "En contra dun decreto asinado por Touriño"

Por outra banda, o pleno aprobou cos votos dos concelleiros socialistas unha moción en que solicitan que se "abra un período de diálogo" coa Fegamp para "modificar determinados aspectos" das Normas do Hábitat. O BNG votou en contra e o PPdeG abstívose.

Neste senso, os nacionalistas cualificaron este martes de "insólito" e de "inaudito" que o PSdeG de Lugo votase "en contra dun decreto asinado polo presidente da Xunta", Emilio Pérez Touriño.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: