As taxas son as máis altas dende mediados de 1995. Os prezos dos carburantes pásanlle factura ás economías domésticas
A inflación dispárase no noso país. Segundo o INE, en maio os prezos subiron en Galiza un 0,8%. Se se toma como refencia a taxa interanual (o que subiu o IPC entre maio de 2007 e 2008) o aumento é dun 4,8%. Os resultados son aínda máis negativos ca os que presenta a media estatal. No conxunto do Estado os prezos subiron o mes pasado un 0,7% e a inflación interanual sitúase nun 4,6.
As taxas de inflación son as máis altas dende mediados de 1995. Os expertos consideran que a causa fundamental é o aumento constante dos prezos dos carburantes. En Galiza, o maior aumento de prezos o mes pasado produciuse no transporte (2,6%), vestido e calzado (1,6%), vivenda (1%), ocio e cultura (0,4) e hostalería (0,3).