Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Decálogo de Rajoy

O PP achégalle ao PSOE unha proposta para pechar "de forma indefinida" o debate do financiamento

A iniciativa que acordaron os representantes do partido en todo o Estado, incluído Feijoo por parte do PPdeG, pide non alterar as competencias en xestión tributaria.

Redacción - 13:45 30/07/2008

Afirmou Mariano Rajoy este martes que o goberno español "está desorientado, confundido, e dá a sensación de non saber por onde anda, que é o peor para calquera goberno". "Necesitan axuda", indicou o líder do PP, ao tempo que presentaba o décalogo do seu partido ao respecto da reforma do financiamento.

Estabilidade, xeneralidade, suficiencia, autonomía, solidariedade, coordinación... son criterios que o PP di apoiar cara á reforma no sistema de financiamento autonómico. Na práctica, o decálogo que o partido aprobou este martes na súa xuntanza en San Millán de la Cogolla, pide que o sistema aprobado teña "unha vixencia indefinida" e estea exento de "revisións quinquenais" tal e como se suxerira inicialmente desde o goberno español.

"A vocación de permanencia do sistema de financiamento é unha esixencia do principio de estabilidade e debe ser reflexo da madureza e a responsabilidade do Estado das autonomías", expón o documento. Ademais piden que non se altere "no esencial" a actual distribución de competencias de xestión tributaria entre o Estado e as comunidades autónomas, "a cal ten unha eficacia máis que contrastada e constitúe unha referencia a nivel internacional", segundo o PP.

Por outra parte, os populares incluíron a solicitude do financiamento de "todos os servizos traspasados ás comunidades autónomas", incorporando unha referencia específica á necesidade do compromiso coa "atención á dependencia". Recordan deste xeito que na lexislatura anterior configurouse un novo sistema estatal de atención á dependencia que, subliñan, "debe estar incluído no novo modelo".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: