Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rajoy e Zapatero en Galiza

"Só valerá para que Rajoy e Feijoo se poñan de acordo en se pactarán ou non co BNG", di Barcón da visita do líder do PP

A secretaria de Organización do PSdeG di que "nin Feijoo nin a dereita estiveron á altura do que Galiza esperaba deles" cando tiñan responsabilidades de goberno.

Redacción - 14:25 26/08/2008

Explicou este martes a secretaria de Organización do PsdeG, Mar Barcón, que as visitas de José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy "representan dous extremos". Barcón defendeu que o presidente do goberno español e líder do PSOE "visitará as obras que significan o compromiso dos socialistas co desenvolvemento dos galegos: o das infraestruturas de comunicación, o económico, e o da calidade de vida". Doutra banda, ironizou con que Rajoy de virá a Galiza "a aprender o que puideron facer e nunca fixeron", reprochándolle ao PP que "sempre deixou a Galiza á cola dos seus intereses".

"Hoxe temos aquí o telonero", expresou tamén a socialista coruñesa ao respecto da visita de Mariano Rajoy, insistindo en que por outro lado este mércores do presidente do goberno español, o socialista José Luís Rodríguez Zapatero, "visitará as obras que son unha por unha os incumprimentos do PP con Galiza". "Cada tramo do AVE, cada metro cadrado de solo industrial, cada euro investido en saneamento, sinalará un incumprimento do PP", repasou Mar Barcón. De paso, subliñou que Rajoy e Feijoo "só están de acordo en que van perder as eleccións porque non lles van chegar os votos para gobernar", e desafiou o PP a aclarar "se pactarán ou non con Bloque".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: