 
 
Está convencido de que o presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, está a recibir instrucións dende Madrid para que se produza.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, estimou esta cuarta feira que un adianto das eleccións ao Parlamento resultaría especialmente contraproducente nun momento en que "está a piques de concretarse o financiamento das Comunidades Autónomas".
  Feijoo argumentou que "imos xogar o financiamento para quince anos" e opinou que "o peor que lle pode ocorrer a Galiza é que non teña ninguén que defenda os seus intereses, porque o conselleiro de Economía está nun mitin do PSOE".
  O dirixente popular, que pediu "responsabilidade e sentido de país", non ve razoábel que nunha situación de crise económica se xere unha crise política "deixando a Galiza sen interlocutor nun momento clave e ante un tema desta envergadura".
  Feijoo reiterou o seu convencemento de que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, está a recibir instrucións do seu homólogo español, José Luis Rodríguez Zapatero, e do vicesecretario do PSOE, Xosé Blanco, "para que convoque eleccións en outubro ou novembro".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto