Carmen Guisasola e Urrusolo Sistiaga publican unha carta en Gara na que se solidarizan cos militantes expulsados por ETA por avogar pola fin da loita armada.
Carmen Guisasola e Joseba Urrusolo Sistiaga publicaron este martes unha carta no diario Gara exixindo que se retome o proceso de paz en Euskadi. Estes dous históricos militantes de ETA critican á organización por ter expulsado do colectivo de presos a 'Txelis' e Picabea, que tamén criticaran á dirección de ETA e avogaran publicamente pola fin da loita armada. En solidariedade cos mesmos, Guisasola e Urrusolo anuncian que abandonan o colectivo de presos, ao que pertencían aínda que xa foran expulsados de ETA.