Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS LEXISLATIVAS

O reconto final confirma o novo rexurdir da ultradereita en Austria

O voto por correo favoreceu os Verdes (conservadores), que conseguiron un deputado máis en detrimento dos socialdemócratas (SPÖ).

Redacción - 12:55 07/10/2008

O reconto final dos votos das eleccións lexislativas en Austria do pasado 28 de setembro confirmou a vitoria socialdemócrata e o rexurdir, máis unha vez, das formacións ultradereitistas. O escrutinio pendente do sufraxio emitido por correo favoreceu finalmente o partido dos Verdes (Die Grünen, conservadores e ecopacifistas), que conseguiu un deputado máis en detrimento do Partido Socialdemócrata (SPÖ).

Finalmente, os resultados electorais depararon como gañador ao SPÖ con 57 deputados e o 29,26% dos votos. En segundo lugar situouse o conservador Partido Popular (ÖVP), que conseguiu un 25,98% das papeletas e 51 lexisladores. Terceiro foi o Partido Liberal (FPÖ) co 17,5% dos apoios e 34 escanos; e cuarto, Alianza para o Futuro de Austria (BZÖ) que sumou o 10,7% dos votos e contará cunha representación de 21 parlamentarios.

Fortalecemento da ultradereita
A extrema dereita austríaca aglutina os sentimentos dos que se opoñen á UE e aos inmigrantes, así como os descontentos cos dous tradicionais partidos centristas. Precisamente, a decepción pola fracasada coalición do SPÖ e o ÖVP, que durou 18 meses, pasoulles factura ás dúas formacións.

Queda agora por ver cal será a formación do goberno, unha tarefa difícil á vista da fragmentación parlamentaria. Polo de agora, os comicios cobráronse xa dúas vítimas políticas: o líder do ÖVP, Wilhelm Molterer, xa deixou o seu cargo, e nos Verdes, Eva Glaswischnig sucedeu a Alexander van der Bellen como xefa de filas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: