Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN 10% Máis ca en 2005

O Censo Electoral de Residentes Ausentes conta con máis de 333 mil persoas rexistradas

A Xunta non cre que haxa un elevado aumento do CERA de cara as vindeiras eleccións.

Europa Press/Redacción - 14:00 01/11/2008

A reforma legal que permitirá conseguir a nacionalidade española aos netos de emigrantes, que foi aprobada este venres polo goberno español para desenvolver a chamada Lei da Memoria Histórica, non suporá que o Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) se incremente de xeito notábel. Así llo garantiu á axencia Europa Press a delegada da Xunta en Bos Aires, María Xosé Porteiro, xa que considera que os trámites burocráticos farán “materialmente imposíbel” esta hipótese.

Nestes momentos o CERA conta con 333.300 persoas rexistradas, o que supon perto dun 10% máis ca nos comicios de 2005. Os últimos datos do INE sinalan que por circunscricións queda así o reparto: A Coruña (117.335); Pontevedra (98.154); Ourense (74.014); e Lugo (43.797).

Dende o BNG, o seu responsábel de Emigración, Iago Tabarés, sinalou que se aumenta o número de censados tamén se “incrementará o problema”. Porén, confía en que os vindeiros comicios sexan xa “en urna” para asegurar un proceso máis democrático.

Segundo EP, tanto PPdeG como BNG dubidan de que haxa verdadeira vontade para reformar a Lei Electoral antes dos comicios do vindeiro ano. O deputado conservador Castelao Bragaña considera que o interese do goberno español é nulo.

No outro lado da balanza está a socialista Marisol Soneira rexeitou que se cuestione a lexitimidade do sufraxio da diáspora, aínda que matizou que hai avanzar en maiores garantías para o proceso. A delegada da Xunta, María Xosé Porteiro, sinala que o CERA “é importante pero non determinante” nunhas eleccións. Porteiro considera que os partidos deben animar a votar aos galegos da diáspora.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: