 
 
Nun atrapallado documento de principios co que reabre delegación en Nafarroa, teima na derrogación da porta que a Constitución abre para esa unión, pero admite que consentiría un referendo.
 
											O PP ten de momento "sede virtual" en Nafarroa
A confusa refundación do Partido Popular en Nafarroa ofrece un episodio no que lle toca aos vínculos con Euskadi. Así, a declaración de principios presentada polo novo PP navarro inclúe un apartado onde de xeito específico se pide a derrogación da disposición transitoria cuarta da Constitución. Isto é, propoñen eliminar a vía constitucional para a unión de Nafarroa con Euskadi vía referendo. Paradoxalmente, o mesmo documento incorpora deseguido unha reflexión onde se afirma que calquera  "alteración" do estatus actual de Nafarroa no marco da Constitución do Estado Español como comunidade foral "propia e diferenciada" debe levarse a cabo "coa decisión que o pobo navarro exprese libre e democraticamente nun referendo".   
  
  A derrogación da disposición constitucional ao respecto era xa unha petición básica do proxecto de UPN, e a súa posta en cuestión foi precisamente un dos condicionantes do nacemento desa formación a partir dos restos da UCD. Por outro lado, na presentación ao público das novas caras visíbeis do PP en Nafarroa, púxose de manifesto que logo da crise recente é improbábel que a curto prazo as dúas formacións políticas poidan recuperar a unidade de acción. O presidente da comisión constituínte, José Ignacio Palacios, dixo que o grupo promotor da refundación pertence á "dereita templada".   
  
  Noutros medios:   
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto