Tal e como xa anunciara, o rexedor naronés abandona o posto en favor do actual concelleiro de Urbanismo para concentrar esforzo na procura de asento no Parlamento.
Xoán Gato liderará Terra Galega nesta campaña ao tempo que deixa a alcaldía nas mans de Xosé Manuel Blanco
Este martes o alcalde de Narón desde o ano 1985, Xoán Gato, deixa formalmente o seu cargo para prestarlle todo o seu tempo á candidatura que encabeza por Terra Galega ao Parlamento. A renuncia vaise facer efectica esta mañá e o novo rexedor será o actual tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Xosé Manuel Blanco.
Gato presentou por rexistro o pasado venres arenuncia, tras deixar aprobados os presupostos municipais para 2009, que ascenderán a máis de 31 millóns de euros. O socio actual de TeGaen coalición no goberno local, o PP, anunciou que non presenta este martes ningún candidato alternativo para "facilitar" o traspaso de poderes a Xosé Manuel Blanco e permitir que continúe "o traballo en equipo que PP e TeGa" desenvolven en Narón. Malia que podería quedar como concelleiro, Gato deixará completamente a corporación municipal e está previsto que este mesmo mércores presente a renuncia á acta de edil que posúe dende que entrou na corporación local no ano 1979.