Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Estados Unidos

Nashville rexeita que o inglés sexa a única lingua oficial do Concello

Os cidadáns votan en contra de prohibir o uso de calquera outra. Detractores: "Discriminación de 60 mil inmigrantes"; partidarios: "integración e aforro".

Redacción - 14:00 23/01/2009

Os cidadáns de Nashville (Tennessee, Estados Unidos) rexeitaron esta quinta feira nas urnas unha proposta para prohibir o uso doutras linguas diferentes ao inglés nas xestións co Concello, nun país onde non existe un idioma oficial a nivel nacional.

Os partidarios desta medida, English First ('O inglés primeiro'), argumentan que se aforrarían moitos cartos en traducións e que serviría para incentivar a aprendizaxe do inglés.

Os detractores, Nashville for all of us ('Nashville para todos nós') critican que os perto de 60 mil inmigrantes que non o teñen como primeira lingua, e que unha cidade de primeira e multilingüe.

Nashville ten a comunidade de curdo-americanos máis grande dos EUA (arredor de 11 mil cidadáns), ademais dunha importante porcentaxe de poboación hispana, africana, de Oriente Próximo e do Sueste Asiático.

Defensa do idioma común
Nashville, con máis de medio millón de habitantes, púidose converter na primeira gran cidade estadounidense en aprobar unha iniciativa deste tipo. Finalmente, o 'non' conseguiu 41.752 votos por 32.144 do 'si'.

Tennessee e outros 29 estados do país, así como polo menos unha ducia de cidades, xa declararon o inglés a súa lingua oficial, segundo o grupo de avogados ProEnglish, unha asociación que defende o recoñecemento xurídico do idioma común como ferramenta para protexer a unidade nacional.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: