Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
O partido critica o "torpedeo" á candidatura

A Xustiza resolve outra vez contra a impugnación da candidatura de Xoán Gato

"Só se dedican ao contubernio e a tentar torpedear o noso proxecto", denuncia o líder de Terra Galega sobre os demandantes.

Redacción - 10:00 08/02/2009

"Eses individuos tentaron secuestrar o partido e celebraron un congreso ao que só puido asistir o sector minoritario de Terra Galega", recordou Xoán Gato, líder de Terra Galega e cabeza de lista da formación pola provincia da Coruña, sinalando que aquel congreso foi declarado ilegal polos tribunais. "Nós representamos a totalidade de agrupacións, á totalidade de alcaldes do partido e ao 95% dos seus edís", subliñou este sábado, atribuíndolle a teima nos xulgados a un reducido grupo de persoas "manexadas por intereses externos ao partido para que Terra Galega non se poida presentar ás eleccións".

O líder de TeGa fixo estas declaracións durante un acto político na localidade luguesa de Becerreá, acompañado da cabeza de lista de Terra Galega na provincia de Lugo, Melina López, e polo coordinador provincial, Anxo Rodríguez. Así, salientaron que o Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 d'A Coruña acaba de rexeitar unha nova demanda que pretendía impugnar a súa candidatura. Gato dixo agardar que estes atrancos non obstaculicen máis o traballo de campaña da súa formación en resposta á demanda que, asegura, "ten un sector importante da sociedade galega, que espera con expectación que se abran as portas do Pazo do Hórreo porque se atopa desorientado, desenganado e incapaz de ver a saída a situacións como o paro ou o desequilibrio social". "Os grandes partidos non son unha alternativa despois de anos de mentiras", afirmou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: