Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANUNCIO DE FERNÁNDEZ DE LA VEGA

O goberno español comprométese a ampliar a AP-9

A vicepresidenta do goberno español adiantou que se adicarán 88 millóns de euros á circunvalación de Santiago e outros 30 á ampliación de Rande.

Redacción - 14:08 11/02/2009

Foi no acto de comezo das escavacións dos túneles de acceso norte a Vigo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, en Redondela. A vicepresidenta do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou que será o Estado quen asuma integramente o custe da ampliación da circunvalación de Santiago, ao que adicará unha inversión de 88 millóns de euros. Ao tempo, anunciou que o executivo tamén destinará outros 30 millóns ao inicio dos traballos de ampliación da AP-9 no acceso a Coruña e a Vigo, concretamente na zona da ponte de Rande.

Asemade, aproveitou a ocasión para asegurar que o seu goberno está "plenamente comprometido" coa mellora da mobilidade en Galiza, reiterou que a Alta Velocidade será unha realidade en 2012 e enfatizou o "compromiso" do executivo coa "ampliación da Autoestrada do Atlántico.


3/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: