Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Axudas á dependencia

De Cospedal (PP): Ningún galego "vai morrer" sen prestación "como ocorre nestes momentos"

A secretaria xeral dos 'populares' españois, de visita electoral no noso país, anuncia o compromiso do seu partido co desenvolvemento da Lei de Dependencia

Redacción - 19:05 17/02/2009
De Cospedal, este martes na Coruña

De Cospedal, este martes na Coruña

A secretaria xeral do Partido Popular español, María Dolores de Cospedal, anunciou este martes o compromiso da súa formación política co desenvolvemento da Lei da Dependencia. Neste senso, asegurou que de vencer Alberto Núñez Feijoo nas eleccións do 1-M, ningún galego "vai morrer como está ocorrendo nestes momentos sen recibir antes a valoración da súa situación e a prestación que lle corresponda".

Antes de participar en Ferrol nunha xuntanza con representantes de asociacións de enfermos e persoas con algún tipo de dependencia, De Cospedal detallou os cinco compromisos do PPdeG nesta materia, unha área que cualificou como "fundamental" para os populares, por ser un "dos alicerces" do sistema de benestar.

A política castelá avanzou que o PP aplicará a Lei de Dependencia "tal e como está estabelecido na lexislación que a regulamenta", con investimentos non en publicidade, senón no desenvolvemento da Lei. "Non imos gastar os cartos en publicidade, ímolos gastar en aplicar a Lei de Dependencia, e nos salarios que lles corresponden aos coidadores", engadiu.

Así mesmo, anunciou a intención de crear unha rede de Centros de Día en todos os municipios de máis de 1.500 habitantes, unha rede especial para os enfermos de alzheimer e a construción dunha residencia en cada comarca para todas as persoas dependentes e da terceira idade. "Este é o noso contrato electoral", subliñou, "e estes cinco compromisos básicos son aos que Núñez Feijoo se comprometeu a cumprir con todos os galegos".

"Chanchullos eólicos"

Por outra banda, o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, criticou tamén este martes que a sucesión de recursos xudiciais impulsados polas empresas que se senten prexudicadas" polas admisións a trámite do concurso eólico "condenan" a Xunta a "preitos interminábeis", que achacou aos "chanchullos" do bipartito durante este proceso.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: