Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Di que suprimirá os cartos de publicidade

"Unha boa idea, mal xestionada", resume Feijoo sobre a lei de dependencia

O líder do PP dixo que este proxecto se converteu co actual Goberno "na lei da decepción, a frustración e os desenganos".

Redacción - 19:30 22/02/2009

Segundo as contas dos populares son apenas 2.500 persoas as que se están a beneficiar da axuda ao coidador derivadas da lei de dependencia. Ao tempo, acusan a Xunta de que 4.500 persoas faleceron "antes de cobrar as axudas ás que tiñan dereito". Por este motivo, Alberto Núñez Feijoo centrou este domingo as propostas do PP en asumir o compromiso de non gastar un só euro en publicidade da dependencia. "Destinaremos integramente todos eses cartos á mellora das prestacións e dos servizos", prometeu o presidente do PPdeG.

Feijoo subliñou que a mellora das infraestruturas e dos servizos para a atención aos dependentes "terá prioridade" na vindeira lexislatura. A galería de iniciativas do PP inclúe nese ámbito unha rede de atención primaria á dependencia, de ámbito municipal, e que ofrecerá asistencia a domicilio, teleasistencia, alimentación e centros de día. "O obxectivo pasa por dotar de, polo menos, un centro de día a cada concello de máis de 1.500 habitantes", apuntan. Tamén unha rede de atención especializada de residencias. "cada comarca contará, como mínimo, cunha residencia de maiores", e de centros especializados de referencia para toda Galiza, para atención de enfermos de Alzheimer e de persoas con discapacidades psíquicas. "Nos primeiros 120 días desde a miña toma de posesión os grandes dependentes cobrarán o 50% das axudas da lei da dependencia", afirmou Feijoo.

Rueda acusa a Touriño de carecer de "personalidade" política propia
"Que a estas alturas o candidato socialista diga que quere recuperar a súa propia personalidade sona a argumento desesperado que xa ninguén cre", afirmou este domingo Afonso Rueda, secretario xeral do PPdeG.

Rueda dixo considerar que o candidato socialista "carece dunha política lingüística propia, como tamén carece de propostas para os maiores, porque delegou esta responsabilidade nun BNG que secuestra dereitos coa complicidade do PSOE". Nesa liña, afirmou Afonso Rueda que o anuncio de Touriño de que aspira a "gobernar sen ataduras" debera ser entendido "como unha broma de mal gusto" na medida en que o candidato socialista acode ás eleccións, en opinión de Rueda,"sendo refén do BNG en aspectos esenciais como a política lingüística ou a atención aos maiores".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: