 
 
A nova responsábel do departamento de Sanidade do Goberno, Pilar Farjas, prognostica colaboración e participación co sector.
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, apostou este luns por "seguir mellorando e seguir crecendo" en materia sanitaria, para o que, asegurou, o seu departamento contará con "dous puntos de referencia", os usuarios e os profesionais. 
  
  Tras ser recibida no seu despacho pola súa predecesora no cargo, María Xosé Rubio, a nova conselleira asegurou que os usuarios serán "sempre" o seu "foco de interese" para a mellora da sanidade no país, para o que quere "contar en todo momento" cos profesionais da saúde, "pezas claves" nesta cuestión. 
  
  Nesta liña, mostrouse "convencidísima" de que o seu departamento contará coa colaboración de todos os profesionais da sanidade para "poñer en marcha os motores e saír adiante", "nunha conxuntura económica" na que "as circunstancias non van permitir solucionar economicamente os problemas". Así, Farjas asegurou que esta será "unha etapa de acordos, de consenso, de colaboración e de participación" na que se tratarán retos como a redución de listas de espera, a innovación en materia sanitaria e a creación de novos hospitais.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto