O Congreso Nacional Africano, ANC, é a forza política maioritaria dende a fin do apartheid, en 1994.
Zuma lidera o ANC
O Congreso Nacional Africano (ANC, polas súas siglas en inglés), no poder desde 1994 en Suráfrica, logrou máis do 62% dos votos nas eleccións lexislativas desta cuarta feira, segundo un escrutinio parcial que corresponde ao 10% dos inscritos, informou esta quinta a comisión electoral.
O ANC, liderado por Jacob Zuma, obtivo o 62,67% dos 2,35 millóns de votos escrutados ás 7.00 horas en Galiza, segundo o último reconto anunciado na sede da comisión en Pretoria.
A Alianza Democrática (DA, da antiga oposición baixo o apartheid) logrou polo momento momento o 20,22% dos votos. DA conseguira o 12% nos últimos comicios. O Congreso do Pobo (formado en decembro por disidentes do ANC) fíxose co 7,63% dos votos.
A ANC encabezaba os resultados en oito das nove provincias do país e a DA adiantábase no Western Cape (sudoeste). Máis de 23 millóns de electores inscribíronse para renovar a Asemblea Nacional e os Parlamentos provinciais, nestas cuartas eleccións nacionais dende a fin do apartheid en 1994.