Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CAMPIONATO ESTATAL DE DUATLÓN

Saleta Castro e Jesús Gomar dominan o estatal sub-23

Os dous deportistas do Cidade de Lugo gañaron na casa e levaron cadanseu trunfo nunha carreira disputada en Vigo.

Redacción - 16:57 27/04/2009
Saleta Castro e Jesús gomar, con Alberto Trillo ao fondo, na presentación da selección galega

Saleta Castro e Jesús gomar, con Alberto Trillo ao fondo, na presentación da selección galega

Este domingo celebrouse en Vigo o campionato estatal de duatlón, nas categorías absoluta e sub-23, destacando por parte do equipo galego Saleta Castro e Jesús Gomar. Os dous atletas do Cidade de Lugo gañaron na categoría sub-23, rematando 3ª e 13º respectivamente na listaxe absoluta.

Gomar cimentou a súa vitoria na carreira a pé coa que comezou a competición e na que avantaxou en 40 segundos ao seu perseguidor máis inmediato. Despois fixo o terceiro mellor tempo enriba da bicicleta, onde arrasou Daniel Gutierrez conseguindo pasar da sétima á primeira posición. No último tramo (composto por cinco quilómetros de carreira a pé) Gomar apertou os dentes e volveu a recuperar o liderado, que mantería cunha escuálida diferenza de oito segundos. O valencián do Cidade de Lugo rematou cun tempo de unha hora, 56 minutos e 47 segundos.

Pola súa parte, Saleta Castro mandou con autoridade nas tres partes da carreira para rematar dándolle continuidade ao bo momento de forma no que demostrou estar ao final da tempada pasada. Así, Castro rematou quinta na carreira absoluta (3ª a nivel estatal) avantaxando en máis de cinco minutos á segunda moza da categoría sub-23, María Ortega de Miguel.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: