Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conter os brotes “non é viábel”

Aumenta o risco de que se produza unha pandemia de gripe porcina

Redacción - 08:00 28/04/2009
En México, o exército reparte máscaras para evitar os contaxios

En México, o exército reparte máscaras para evitar os contaxios

A Organización Mundial de la Saúde (OMS) elevou esta segunda feira o nivel de alerta, que mide o risco de que se produza una pandemia, do tres ao catro (sobre unha escala de seis), seguindo a recomendación dun comité de profesionais sanitarios, que considerou os casos confirmados de gripe porcina en México, EUA e Canadá, así como os datos que indican unha posíbel expansión da doenza a outros países, coma o Estado Español.

O responsábel de seguridade sanitaria do organismo, Keiji Fukuda, admitiu, mediante unha teleconferencia que "o virus está tan estendido que xa non ten sentido tentar contelo", e mencionou os casos de México, EUA e o Estado Español como proba da expansión que acadou o H1N1. Isto non implica, de momento, "que se pechen as fronteiras ou se restrinxan as viaxes", sinalou Fukuda.

Segundo un comunicado publicado na web da OMS, o cambio a un nivel máis alto de alerta indica un aumento do risco de que se produza unha pandemia, pero non que a pandemia sexa inevitábel. A medida que a OMS teña máis información dispoñíbel, revisará o nivel de alerta e decidirá se é preciso mudalo para situalo de novo na fase tres ou pasar á cinco.

Máis información:


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: