Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel orixe nunha granxa mexicana

Nova Celandia, Israel, Reino Unido... o andazo vira global

Sete países informaron xa de casos positivos do virus H1N1 en todo o mundo e outra media ducia comunica de posíbeis abrollos pendentes de confirmar.

Redacción - 17:35 28/04/2009
Keiji Fukuda, experto da OMS, advertiu sobre os problemas para conter o abrollo de gripe

Keiji Fukuda, experto da OMS, advertiu sobre os problemas para conter o abrollo de gripe

Nova Celandia e Israel son foco dos últimos casos confirmados do virus da gripe porcina ao tempo que a Organización Mundial da Saúde (OMS) elevaba de 3 a 4 o nivel de alerta, nunha escala de 6, como alerta do risco de pandemia. Alén do par de casos aparecidos no Estado Español, nas últimas horas confirmáronse tamén 2 casos en Escocia, 6 no Canadá e 50 nos Estados Unidos. Ademais, estúdanse posíbeis casos, en proceso de avaliación, en Australia, Corea do Sur, Guatemala, Perú e Brasil.

Mentres, na zona da aparición do andazo, México, a última cifra falaba dun total de 152 mortes, con ducias de novos ingresos hospitalarios todos os días desde mediados da semana pasada. De xeito paralelo, investigadores das Nacións Unidas viaxarán a México para afondar na orixe concreta do becho. A Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación (FAO) manexa informes da administración mexicana que sitúan o posíbel abrollo inicial nun área de granxas de produción intensiva de porcos á beira da cal se terían detectado casos de persoas enfermas de gripe hai xa cousa dun mes.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: