 
 
A responsábel de Sanidade di que as dotacións orzamentarias para 2009 "son inferiores" ao gasto real do Sergas en 2008.
 
											"Os primeiros datos constatan a infradotación orzamentaria en gastos de persoal, gastos correntes e gastos de farmacia". Así o recolle o informe económico en proceso da Consellaría de Sanidade, cuxo avance a conselleira Pilar Farjas levou este xoves ao Consello da Xunta.    
   
   Farjas denuncia a aparición dun desfase orzamentario de 129 millóns no apartado correspondente a Farmacia, dunha insuficiencia de 100 millóns no que lle toca a persoal e dun desequilibrio posíbel de entre 70 e 100 millóns en gastos de persoal.  "A situación global a data de maio implica que o presuposto da sanidade para 2009 é inferior ao gasto real do 2008", expón o novo equipo de Sanidade da Xunta.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto