Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No canto de dedicalas aos desempregados

Manuel Vázquez critica a Xunta por darlle axudas a "unha fundación ultracatólica"

 reprobou que o Opus Dei recolla unha parte importante dos cartos do Goberno, e censurou a presenza de Pilar Farjas nunha homenaxe a Rouco Varela.

Redacción - 09:00 25/05/2009
O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, reprobou este domingo que a Xunta aprobe axudas para "unha fundación ultracatólica dirixida por destacados membros da Obra -Opus Dei-", no canto de dedicalas aos traballadores e desempregados.

Así, Vázquez censurou que "haxa diñeiro para as empresas católicas que defenden un modelo que non ten nada que ver coa realidade" e "non para os traballadores". Deste xeito, criticou a presenza da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, nun acto en Madrid para homenaxear o Arcebispo Antonio María Rouco Varela. Nesta liña, e describindo a Farjas como a "encargada de desmantelar a sanidade pública", acusouna de mentir en Lugo, Pontevedra e Vigo, ao dicir que non ten cartos para os hospitais, lembrando que o anterior executivo, do que el facía parte, deixara pendente a licitación dun novo centro na cidade olívica, e fondos para os centros de Lugo e Pontevedra.

Por último, amosouse "preocupado" por que a Xunta "non pensa nada máis que en paralizar, desmontar e seguir botándolle a culpa a todos menos a eles do que está pasando". "Pero non llo imos permitir", aseverou Manuel Vázquez.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: