Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Eleccións Europeas

Irlanda: os cidadáns danlle a vitoria á oposición

O Fine Gael conseguiu case o 30% dos apoios do electorado.

Redacción - 00:15 08/06/2009

A primeira forza da oposición en Irlanda, o Fine Gael, obtivo un 29,1% dos votos, o que lle outorgan 4 dos escanos que elixía o país e que pasarán a integrar o grupo do Partido Popular Europeo na Eurocámara. 

Deste xeito, o Fianna Fail, formación gobernante do primeiro ministro Brian Cowen, quedou en segundo lugar co 24% dos apoios e 3 escanos que pasarán a integrar o Grupo Unión pola Europa das Nacións (UEN). 

Atrás deles, os laboristas colleitan o 14% de apoios e 2 escanos. Independentes, Sinn Féin e Libertas repártense os tres escanos restantes. 


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: