Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POUCOS PROFESIONAIS DA COMUNICACIÓN

Consenso para a renovación do Consello da CRTVG

Os populares mudan á metade dos seis conselleiros que nomean, o PSdeG cambia a tres de catro e o BNG propón dous novos nomes.

Redacción - 11:15 09/06/2009

Se ben non houbera consenso político para o nomeamento de Sánchez Izquierdo como director xeral da Radio Televisión de Galiza (CRTVG), si o hai para a elección dos doce membros do Consello de Administración do ente. O pleno do Parlamento elixe este martes aos doce membros deste organismo, que é o máximo órgano de goberno do ente.

Só dous xornalistas
Na lista do PP, á que lle corresponden seis representantes, mantéñense tres dos que xa integraban o anterior Consello: a xornalista Ana Peón, o alcalde de Verín, Xoan Manuel Jiménez e o ex presidente provincial do PP de Lugo, Xosé Luis Iravedra. Mentres, os tres novos membros son a profesora universitaria María Bastida Domínguez, o xornalista Arturo Maneiro e o ex xefe de gabinete da Consellaría de Xuistiza Hixinio Meijide. Substituirían no cargo a María Esther Regueiro, Mar Sánchez Sierra e o ex conselleiro Xesús Pérez Varela.

Por parte do PSdeG propóñense catro membros, dos que se mantén unicamente a un do anterior Consello, Xoan Carlos Araújo. As novas propostas son Carlos Alberto Rodríguez, ex xefe de gabinete da Consellaría de Medio Ambiente; Roberto Cid, anterior director de informativos da Televisión de Galiza; e a avogada Adriana Fernández Vázquez, xurista de profesión.

Finalmente o BNG propón outros dous candidatos, se ben só contaba con un na anterior composición por mor da morte de Lois Obelleiro. Os novos integrantes son Montserrat Prado, secretaria de Organización do partido, e Manuel Antelo, responsábel de Acción Municipal.

Consello da RTVE
No caso do órgano de dirección do ente estatal en Galiza (RTVE), o PP propón a sete membros, entre os que están tres xornalistas: Fernando Rodríguez Méndez, Miguel Alonso Boo e Luis de la Matta. Ademais tamén comporán o Consello por parte popular o ex diretor xerente da Fundación Cidade da Cultura, Anxo Currás Fernández; o ex director xeral de Patrimonio Cultural, Anxo Sicart; o ex concelleiro lugués Xoán Méndez; e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera.

Mentres, o PsdeG propón a catro candidatos: Xoan Xosé Quintáns, Xosé Ramón Carballo, María Paloma Rodríguez Castiñeira e Esperanza González. E o BNG propón a Miguel Túñez, decano da Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela, e a Cecilia Pérez Orge, que xa antes era membro do Consello da CRTVG.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: