Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN KOMUNIKANDO.NET

Xa se pode asinar o 'Manifesto contra a censura e a marxinación da música galega'

Reivindica que se restableza na radio pública un programa diario que dea conta das novidades musicais editadas en galego.

Redacción - 12:25 09/06/2009

O manifesto, que se pode asinar na páxina de Komunikando.net, comeza lembrando, ao igual que o facían Fanny&Alexander en Vieiros hai uns días, a obriga legal que os medios públicos do país teñen "na promoción e difusión da cultura e lingua galega". Sobre esta base denuncia a "eliminación da música galega do programa Aberto por Reformas" e a "deformación e perversion dos seus contidos" e conclúe demandando "que se restabeleza un programa diario que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas" e así mesmo "que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral".

Le e asina aquí o manifesto
Descarga o manifesto (.pdf)


4,68/5 (25 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe do 'Aberto por Reformas', polo que pasaron ducias de bandas emerxentes do país
Unha imaxe do 'Aberto por Reformas', polo que pasaron ducias de bandas emerxentes do país