Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GARANTE A "MAIOR GRATUIDADE POSIBLE"

Feijoo insinúa que as familias de renda alta terán que pagar os seus libros de texto

Aposta por rachar co modelo estendido polo anterior goberno, cambiando o préstamo por compra e cinguíndoo só a unha parte das familias.

Redacción - 09:00 19/06/2009
Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta

Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, afirmou este xoves que "todas as rendas medias e baixas van manter a gratuidade dos libros de texto". Explicou que "non hai aínda unha decisión tomada" e que, polo tanto, aínda non está determinado a partir de que nivel adquisitivo as familias deberán pagar os seus propios libros. Este venres reunirase a comisión de Educación do Parlamento, e alí os diferentes grupos parlamentarios terán a posibilidade de dar o seu punto de vista sobre a medida.

Feijoo argumentou esto afirmando que existen "moitísimos déficits" na educación, en aspectos como os comedores. Ademais, cualificou como "perversos" os efectos que tivo para o sector editorial a decisión do anterior goberno de estender a toda a primaria o préstamo gratuíto de libros de texto. Tamén criticou que o sistema de préstamo "impide aos nenos ter libros de seu e interactuar con eles".

O PSdeG denuncia "obsesión" por eliminar os logros do seu goberno
O portavoz de Educación do do Grupo Parlamentar Socialista, Guillermo Meijón, criticou a "obsesión" dos dirixentes da Xunta por "eliminar os logros dos catro anos de Goberno socialista". O sistema de préstamo de libros foi implantada na última etapa do goberno de Fraga, e na súa chegada ao Goberno o PSdeG ampliouna a toda a primaria, permitindo que se beneficiaran dela máis de 120.000 escolares.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: