Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma do financiamento autonómico

A Xunta avísalle a Salgado que faltan 150 millóns para completar a conta

A conselleira de Facenda asegura que a proposta do goberno español supón un 5,4% dos fondos, ben por baixo do 7,1% pactado no Parlamento.

Redacción - 09:00 14/07/2009

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, tivo cita este luns cos grupos parlamentarios para expoñerlles e debateren o documento enviado desde Madrid polo Ministerio de Economía e Facenda, coa súa titular a vicepresidenta económica, Elena Salgado, á fronte, ao respecto da reforma do financiamento autonómico. Segundo avanzou este luns a consellaría, a Xunta avalía que o fondo de competitividade beneficia a Cataluña porque reparte por "poboación axustada" e o fondo de cooperación privilexia a Andalucía porque distribúe en canto a "poboación real". Nese contexto, entende o Goberno que "por vez primeira en España limítase a solidariedade interterritorial", de xeito que se beneficia a territorios que "teñen maior capacidade fiscal".

Deste xeito, calcula o departamento de Fernández Currás que, en cifras concretas, "faltan máis de 150 millóns de euros" para cumprirse o acordo unánime asinado no seu momento polos tres grupos parlamentarios en Galiza. Tal acordo estabelecía que Galiza, para manter a súa posición relativa, debera recibir a inxección do 7,1% dos fondos no novo modelo de financiamento. "Segundo as estimacións que fixemos, Galicia contará cun 5,4 por cento dos fondos adicionais, fronte ao 7,1 por cento que demandan os grupos parlamentarios", reprocha Currás. Máis polo miúdo, a conselleira repasou que non se recolle a variable emigración" nin ningún fondo específico que atenda este feito diferencial". Por outro lado, laiouse de que a variable dispersión "non mellora". "Non o fai en termos absolutos, xa que o novo sistema achega menos diñeiro en dispersión do que facía o anterior sistema", criticou, lembrando que se trata dun dos criterios que máis peso ten en Galiza.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: